lunes, 4 de mayo de 2009

ZOCODOVER



A espada dormía ese sono de séculos...que dormen eses elementos anacrónicos nos tempos que non lle pertencen, a espera de épocas mellores nas que demostrar a súa valía de antaño, cando foron e para o que foron concebidos...alí estaba, na funda negra de coiro, na calor de saberse útil por enésima vez...nesta ocasión voltaría a ter un compañeiro digno da súa categoría...que novos quefaceres os agardarían!!!
Lograría por fin abandoar a súa longa permanencia naquela tenducha do barrio vello de Toletum...onde compartía, a disgusto, estancia con deceas de imitacións burdas...de arcos, armaduras, ielmos, quebraosos, escudos, falsarios mandobles, dagas, espadas ó uso dunha man e un longo etc...de cachivaches e bagatelas da máis variada estirpe e procedencia...quincallas para o turista accidental que o mismo levaba un castelo de mazapán...que unha camiseta...que un artiluxio de imitación...a maior parte das veces inservible..."Zocodover", nada tiña que ver con todo aquilo..."ela" era unha espada con máis oitocentos anos de vivencias as súas costas, curtida en mil en unha batallas, extensión de heroes e heroicidades diversas, viaxeira incansable...por tódolos recunchos do mundo coñecido...dende as terras penínsulares ata a Terra Santa...ata a ilustre Xerusalén...onde coñeceu o seu apoxeo ó servizo da nobre orden do Temple...os cabaleiros sagrados...enigmas escuros sen descifrar...tan esquencidos como idolatrados...nun tempo en que a espada era a compañeira máis fiel que un home podía ter e desexar ó seu carón...sempre disposta a iriscencia metálica do seu filo...sempre a empuñadura impacente...sempre alerta...pois tras ela pendía a vida dun home nobre e máis alá dela a de moitos centos e moreas...un home que ela mesma elexirá...pois o valor era a súa única medida...non coñecía outra autoridade...non seguía outras leis...ela dalgún modo era xuíz e parte...

A súa orixe era tan lonxana como inaccesible...durante case catrocentos anos permaneceu dormida en oscuros almacéns, en perdidas armerías...percorrendo rutas comerciais...que antaño percorrera ó galope da embestida...nunha viaxe iniciática de retorno a orixe...desembocando logo, na trastenda dun xudeu coleccionista e supostamente experto en expoliacións, roubos e outras falcatruadas...dono dunha tenda cerca da sinagoga...nas terras enchidas do Toletum secular...un tratante de arte sen escrúpulos...que se fixo coa preciada peza...por casualidade...mercando un lote..a un comerciante alemán que pouco ou nada sabía do tema...e que non distinguiría unha espada dun sabre, aínda que a vida lle fose nesta "delicada empresa"...iso sí...tiña un talento especialmente desenrolado para as matemáticas e os negocios de sangue...sobor de todo, naqueles que se refiren ós metais de curso legal e non tan legal...talento que compartía a medias co despilfarro, pois as moedas tan pronto entraban como saían da súa sempre valeira alforxa...sendo o aforro, unha virtude que non ornaba as súas rubicundas e xenerosas carnes...completaba a súa "fisonomía espiritual", unha afición desmedida pola calor dos corpos voluptuosos da máis tenra xuventude...non reparando en gastos para satisfacer ámbolos dous apetitos...tan voraces que acabarían devorando ó seu suposto beneficiario...cunha sífilis de cabalo e outras prendas interiores e exteriores que acabaron co teutón como abono de malvas e outras especies botánicas similares...

Nesta texitura, a espada voltou a cidade que moitos séculos antes a concebira...nunha forxa perdida no tempo...nas mans dun ferreiro ó servizo da honorable orde...agora somentes cabía esperar...

Nunha tarde na que o sol anunciaba a súa curva descendente...chegou a cidade un ómnibus cargado de turistas americanos procedente de Sevilla...un deses de "typical hispanish, olé, torrro" e "
donde McDonalds comer bien..." adalides do tópico e que ata hai uns días non poderían situar a península ibérica nun mapa e moito menos Choledo, Madrrride...Sanchiagó...Sevilia...ou calquera outra cidade de similares características, pois calquera tramanca presentaría máis lucidez que aqueles fillos de Utah..."me cago en la puta"...que respostaban facendo gala dese humor tan nuestro, en plan socarrón, ós das birras e estrelas..cando xa fartos de manzanilla e cervexa trataban de "torear" entre olés mal pronunciados e risas etílicas a algún viandante despistado ou o que era peor, a algún camarero atarefado en exceso...e por que non dicilo, ata os collóns de guiriguays prepotentes e faltos da máis elemental educación...xeográfica, histórica e universal...
Así entre risotadas e bravuconadas, meio mareados...chegaron a que foi capital do Imperio onde nunca se puña o sol...da que nada oiran nin coñecían...abraiados pola maxestuosidade e beleza serea con que a cidade dominaba toda aquela enorme planicie...oteando vixiante o horizonte infinito, acariciada polo sol e o verde insinuante e milenario dos beizos do río Tajo, a beira da historia...unha historia...chea de luces e sombras...


Levados por unha guía experta domadora...visitaron a cidade sen tropezar uns cos outros...o que adquiriu a dimensión de fazaña...e a última hora deixáronos caír na tenda do afamado anticuario...onde debido a barreira idiomática e as neumáticas actitudes, sobaron tódolos artículos posibles habidos e por haber...salvándose somentes, os atrincherados nas acristaladas vitrinas...que iso sí...rexistraron máis huellas dactilares, que habitantes tiña, comprando pouco e estorbando muito, ante a desesperación da esgotada guía e a mirada vixiante e corrosiva do devandito comerciante...que azuzado polo desespero e antipatía do grupo, estivo a punto de armarse con algunha das pezas en exposición e escomenzar a súa particular batalla contra o invasor, separando cabezas, troncos e extremidades...a antigua usanza...só a profesionalidade e o ánimo de lucro apaciguaron en parte os exasperados ánimos do anticuario...que ganas non lle faltaron de emular ós groriosos portadores de moitas pezas que tan sabiamente custodiaba...ata atopar un destinatario disposto a apadriñar coa súa carteira, aqueles anacos de historia que por dignidade e valía deberían estar nun museo ou residencia similar, para disfrute e aprendizaxe de tódalas xeracións restantes...

Somentes meia docena de "bárbaros" permaneceron colgados por un exótico interés recordatorio, mal chamado souvenir para determinadas pezas, na estancia museocomercial...entre eles mister Smith, un tratante de calzado que fixera a súa fortuna quitándolle as prantillas de serie ós zapatos, zapatillas e zapatóns... e logo vendéndoas por separado...coa finalidade de sacarse un xugoso premio extra con cada venta...que non sabería de historia nen de xeografía, pero parvo non era...e tiña un talento moi "especial" para certo tipo de comercio e como non...para "convencer" a proveedores e clientela das avantaxes de adquirir as súas mercadorías...que a fin de evitar accidentes innecesarios, accedían presas dun entusiasmo súbito...onde antes houbera un desdén pasaxeiro...fruto cecais da confusión de termos e obxectivos...

Mister Smith deambulaba pola sección de armas, cun certo interés neófito...pois desdeñaba todos aqueles cachibaches ...pero necesitaba algo que adornase, que añadise un prestixio do que carecía a súa recén adquirida mansión de Florida...entusiasmo que xurdira cando a guía, por certo unha morena de...nunca mellor dito..."armas tomar"...cun reparto de volumes e curvas nas que calquera desexaría perderse, todo elo coroado por uns ollos verde esmeralda...que a aquel pailán lembráronlle as cores da súa aínda non estreada piscina...tendo como tiña toda a costa caribeña para facer este tipo de poéticas metáforas...ó que a exhuberante moza, de nome Lucía...respostou cun sorriso forzado e cara de confusión...facendo gala dunha diplomacia e amabilidade que mister Smith non se merecía...cando Lucía comentou entre liñas, a relación entre a coroa española e os territorios de ultramar do golfo de México...entre os que Florida estaba incluido...cousa que o norteamericano non podía crer...crendo como creía somentes en Disneyworld e naquel homiño que saía nos billetes de One Dollar...antes diso nada existía...foi o BigBang e logo a Declaración de Independencia e ala...

Mister Smith engaiolouse, ademáis da beleza racial de Lucía...da que o separaban moitos anos e moitos libros, dunha xoia enfundada nun coiro negro ó uso...cunha sinxela, pero fermosa empuñadura de madeira coroada nunha interminable espiral encerrada no misterio redondo dun círculo...atada por unha cinta grana...estandarte perdido no tempo...que lucían...non por azar, tódolos corceis no que esta aventureira percorreu as distancias que separan a anodina existencia...do pasado grorioso....
Parece ser que tan preciado artigo non estaba en venda...pero o mister insistiu... primeiro tratou de aplicar as súas "dotes" comerciais...pero o anticuario era un óso duro de roer...e algo parecido ó medo deulle a entender a mister Smith que ese non era o camiño adecuado...así que apretou de billeteira ata que a golpe de ceros rompeu as defensas ata agora inexpugnables do incrédulo comerciante...que non puido nin quixo resistirse a suculenta oferta...tamén axudaron as ganas de cerrar, pois xa se facía tarde, e a fame que apretaba na boca do estómago...e como non, a mirada de súplica de Lucía...que tiña que conducir ó hotel a aquel nutrido grupo de glotóns consentidos...que berreaban nas rúas empedradas de lendas da noite toledana...afeando en certa medida aquel maravilloso entorno...

Mister Smith considerou aquilo un triunfo persoal, e hinchado coma un pavo real...amarrado a aquela caixa de cartón branco e espuma que contiña a peza recén adquirida...non se lle ocurríu outra cousa, que facer un bombardeo masivo de piropos e zalamerías varias "an english"...
con destino a persoa de Lucía, namentras dirixía entre descuidos, miradas furtivas e non tan furtivas ó escote...posadeiras e outras partes de suculenta disposición...tan seguro se sentía aquel home armado...aínda que parecía que en vez dunha espada...portaba un xamón ou ristra de chourizos de Salamanca...menudo cavalieri...

Aquela noite mister Smith non pegou ollo...non se sabe si pola emoción momentánea da victoria ou porque cando nun ataque de curiosidade e sublimación, repetindo continuamente KING ARTHUR !!! KING ARTHUR!!! desfixo, nunca mellor dito, o envoltorio que o separaba da anhelada visión...regado darriba abaixo de escocés...de súpeto un brillo ameazador fixo que tivese que apartar violentamente a vista do bruñido metal...quedando por uns intres, cegado polo aceiro...aparte do ruido metálico atroador que xurdíu do desenvaine...todo isto acabou coa espada e co mister no chan...iso sí...un a cada lado da cama...como en verdade era...nada tiñan que ver o un co outro...
Cando se recuperou do aturdimento...a cachola dáballe voltas sen parar...e a derradeira imaxe de mister Smith era do máis grotesco...un home entrado en carnes, en calzoncillos e camiseta de asas a xogo, que parecía buscar algo no fondo do inodoro e non atopalo...pensamento que xurde a raíz do tempo empregado en tan innoble tarefa...alí...rodeado de fluidos gástricos e restos de comida e whisky, pasou parte da noite...ata que sobor das tres e media da mañán...foi tambaleándose ata a cama e maldurmiu as horas que o separaban do día seguinte...

Era o último día en Toledo...tocaba visita a catedral e comida típica con menú de degustación nun acolledor restaurante de nome El Palacete...pois era un palacio hispano-musulmán do século XI...honrosamente restaurado...monumento nacional con varios premios as súas costas...e unha beleza e armonía que facía que os comensais se sentisen príncipes por unhas horas...
Ata alí conducíu a súa "resaca" o americano...amarrado con uñas e dentes a preciada peza...preso dun medo de orixe metafísico que somentes él coñecía...fora da caixa...nun exercicio suicida de ostentación indiana...A comida demorouse varias horas...o viño regou as gorxas dos fillos de Utah...
O certo é que a ledicia e a exquisita comida colleu por sorpresa a mister Smith, que cando se levantou para coller o abrigo...mirou hacia atrás...correu entre as mesas ateigadas de conversacións...pero a espada desaparecera..."
sfumatti
"...non había ratro dela...montou en cólera...pero o mister nunca máis sabería o que alí aconteceu...quería denunciar...quería ir a embaixada...quería falar co presidente.. como son estos americanos...o efecto Hollywood supoño...pero a espada quedou e mister Smith marchou...ata os seus compatriotas sentíronse avergonzados...houbo que sedalo coma unha fera que perde o dominio...foi "repatriado"...co resto daqueles vándalos da economía emerxente...para non voltar...probablemente endexamáis...

Ninguén sabe o que aconteceu...o tempo fixo o resto...miles de turistas e visitantes saturaron durante anos as rúas da cidade patrimonio da humanidade...ata que unha tarde de sábado...cinco xoves e non tan xoves, fixeron o mesmo percorrido..que mister Smith aquela tarde...no paseo ata un restaurante de nome casualmente ou non tan casualmente El Palacete...visitaron con certo descuido unha das moitas tendas que ofertan espadas e outros recordos e "útiles" medievais...era a terceira ou cuarta tenda que visitaban...a verdade e que buscaban un bo queixo de cabra curado ou semicurado, polo que alternaron as entradas e saídas de tendas de delikatessen con tendas de contido máis marcial...de formanto máis épico...repartindo gustos entre estómago e corazón...era tamén o terceiro ou cuarto establecemento que prometía esa pequena viaxe no tempo...pero todas ofertaban o mesmo...con precios similares.. nada parecía valer o esforzo económico...pero había un pracer implícito en todo aquilo....Paseando distraidos...aderezados cun poutpourri de bromas variadas...entre arcos, frechas, dagas pintorescas, armaduras, mazas, espadas...algo...o fondo do local chamou a atención destes viaxeiros...pero todo quedou ahí...
Logo dirixíndose con paso lúdico cara ó restaurante...catro forasteiros e un quinto, familiar, e xa amigo, autóctono da cidade...que servía de guía polas laberínticas rúas toledanas...entre risas e escaparates foron densrolando "o camiño dos comensais" recomendado polo toledano...a todos lles pareceu un lugar agradable...e decidiron facer un esforzo pecuniario...o seu anfitrión e o sitio ben o merecían...
A comida foi excelente...a compañía grata...entre fotos e cañas transcurríu a celebración...a mesa era a mesma na que un día calquera dun ano calquera, mister Smith sentou coa espada ós pés...tal vez ese acto en apariencia banal foi o desencadeante dos acontecementos ou tal vez non...
A degustación seguíu un paseo cheo de curiosidades...as murallas...unhas horripilantes escaleiras eléctricas...que farían as delicias dos amigos americanos...a visión romántica das ruinas dun circo romano...os museos...e como despedida do anfitrión por motivos laborais que aquí non veñen a conto...un café nunha antiquísima igrexa, adaptada para semellantes actos...un pracer onde os praceres se multiplican...

Na caída da tarde...cando o sol propicio iniciaba como outrora ó seu acostumado descenso...como leva facendo dende que o mundo é mundo...os viaxeiros decidiron darlle unha nova oportunidade a búsqueda...decidiron pasear polas memas rúas que horas antes da comida...perdéronse varias veces, pois aínda que o suposto paseo non era máis que iso...un vagar...a intención era outra ben distinta...localizar por tódolos medios aquela pequena tenda...onde unha espada captara o seu interés...o subconscente estaba a traballar sen acougos...
Cando se aproximaba a hora dos peches...cando tódalas esperanzas parecían difuminarse entre o xentío que se preparaba para o acto procesional...que alí paracía encher toda aquela semana...o doblar...nunha esquina...pensando noutra sistemática equivocación...zas!!! alí estaba...esperando...sí...sí...alí se atopaba aquela tenda ateigada de imitacións...de souvenires...de copias xurdidas do celuloide...alí...ó fondo...agardando...sen título...sen adornos inservibles... austera...alí esperaba ela...como a luz dun lóstrego que alumea o camiño na escuridade sen nome...
O viaxe de volta...cen cabalos...a cor grana da orde...un pulso firme...era o regreso que ela...coma sempre...deu en elexir...honra como se merece...

Anonimacrónico.
>