jueves, 20 de agosto de 2009

Abadía Caldaria




A treboada era tremenda...coma una man xusticieira que arrincase o medo dos corazóns dos homes...o vento xélido do norte asubiaba entre os recunchos das casas preto da Abadía...non moi lonxe,o río Arnoia baixaba moi por enriba das súas posibilidades de cauce..ameazando con asolagar todos e cada un dos cultivos colindantes e as viñas baixas...Era un inverno terrible...non paraba de chover, a terra esgotara a súa capacidade de absorción... non podía con tanta auga celestial...Os traballos a intemperie íanse retrasando unha e outra vez...ata que non quedaba máis remedio que arriscarse baixo aquel diluvio para os arranxos que non podían esperar máis...


Miguel de Antas...levaba somentes dúas semáns escasas no priorato...e xa xuntaba varias molladuras...pois ó ser o derradeiro en chegar...era o primeiro en pringar,era unha especie de lei universal non escrita, pero que tódolo internos acataban entre aqueles muros silenciosos...
Para él todo era novidade tras novidade, aínda que non sempre do seu agrado...polo demáis os seus compañeiros tentaban axudarse en tódolo posible...todos menos aquel redondelán...aquel fraile de costumes solitarias e espíritu ascético...un tanto misántropo...huidizo...que respondía o non menos extrano nome de frai Vital...posuidor, ou iso parecía do don da ubicuidade...cousa por outra banda de todo imposible...o certo é que en tódolos recunchos onde Miguel de Antas posusase a mirada...alí estaba a figura concentrada do enigmático frai...un certo velo de misteriosa atracción envolvía aquel raro persoaxe...para o que o resto da congregación parecía permanecer na máis absoluta invisibilidade, ou máis ben, incapaz de espertar nel o máis mínimo interese...



Por outra banda tódolos novicios...sobor de todo os que xa levaban tempo adicados as labouras no priorato...advertiron a Miguel de Antas...que era mellor non molestar ó irmá Vital...pois era home pouco dado a comunicación...preferindo en todo momento a compaña dos libros, a compaña dos homes...non en van era copista ilustre e experto en línguas mortas e en non sei cantos centos de cousas difíciles de pronunciar e ainda máis difíciles de entender...outros falaban en segredo de escuros coñecementos nas artes herméticas...incluso os máis temerosos, que andaba en tratos co maligno...era un precio que todo estudioso debía dun xeito ou doutro pagar...

A pesares de tódalas advertencias...Miguel de Antas non podía dominar esa curiosidade insaciable coa que viñera a este mundo...él, ingresara no monacato para deixar dunha vez por todas calquera cousa que tivese que ver coas labouras do campo, de sol a sol...a súa intención non era prestar servicios de mula de carga toda a vida...él...agardaba metas máis altas...él tiña unha necesidade casi obsesiva de coñecer...él tiña talento...él quería "descubrir" por qué o mundo era como era...e non doutro xeito...tiña fame de saber...esa fame que endexamais acouga...pois nace directamente do espíritu...Por iso e por moitas outras cousas que poden adquirire o nome de casualidade...Miguel de Antas pousou tódalas aspiracións, centrándose no misterioso fraile do que fuxían tódolos demáis...nunha especie de temeroso respeto...e, cabe dicilo...pois no fondo non entendían a súa laboura...xirando nunha espiral de supersticións primitivas...nin as extravagancias teóricas nas que andava mergullado...nin os plantexamentos que movían os seus pasos pola vida...como ó longo de tódala historia, outros homes ilustres antes que él...moitas veces con nefastas consecuencias para a vida, obra e miragres do susodito...


Abadía Caldaria


Unha tarde na que a choiva tamborileaba os cristais das ventás...e o frío acompañaba a curiosa peza musical...con castañeteo de dentes e taconeo de pés fríos nas táboas do chan...frai Vital saíu coma un lóstrego da biblioteca...na percura dalgún elemento indispensable que precisaba...con frenética sucesión de pasos debuxou o camiño en dirección ó invernadeiro...onde nun pequeno recuncho, apartado de ofrendas frorais e leguminosas de abundante e variada morfoloxía...frai Vital dispuña, nunha especie de pacto de silencio tácito, dunha parceliña onde medraba a materia prima necesaria para os seus estudos experimentais....xuntas compartían espazo especies da máis rara e diversa índole e procedencia...ninguén, absolutamente ninguén tiña a osadía de achegarse...nen sequera coa vista, a aquel espazo privado e perfectamente delimitado...o medo era o vixiante máis efectivo daqueles tesouros...polo que frai Vital facía e desfacía coa máis absoluta tranquilidade...


...Miguel de Antas pasou por varios estados anímicos en poucos segundos...estaticidade, temblor cap i cua, acto...decatándose da oportunidade que a divina providencia instalara sin previo aviso dinate do seu nariz..o de Antas entrou a hurtadillas, con todo o peso do seu corpo, que era dicir ben pouco, descansando no anonimato da punta dos pés...así como se as táboas do chan queimasen...foise desprazando a pequenos saltos...amortiguando cada paso cun movemento pélvico aprendido na súa etapa de sancristá de aldea, aliado coas sombras que tamén percuran a invisibilidade necesaria da que un depende para non ser descuberto nas curiosidades e trasnadas propias da curta idade...evitando ceses innecesarios e tiróns de orellas, que non favorecen en nada...a non ser que un sexa aficioado ós sabañóns ou estiramento de tecido cartilaxinoso...fora de determinadas datas conmemorativas...que non era o caso...


Unha vez dentro da biblioteca...contemplou con certa admiración, mesurada pola tensión do momento, os centos de volumés apilados nas estanterías, dende o chan ata ó teito, os libros ocupaban toda a enormidade da estancia...logo de empaparse no pracenteiro entorno...co corpo erizado da felina emoción...reparou na mesa situada a súa esquerda...onde como sinalando a actividade...unha lámpada de aceite permanecía acendida, dándolle forma e cor ós dous grandes volumes que continuaban abertos...exhibindo a medias algún desexado tesouro...dos moitos que alí descansaban baixo chave, ateigando as estanterías de castiñeiro que acariñaban as vigas do teito celeste...


De súpeto...uns pasos, que máis que escoitarse, intúense ó fondo do corredor...apenas co tempo necesario para esfumarse co regusto da mel nos beizos...Cuns movementos máis propios dun gato que dun rapaz...pasou por debaixo das mesas...de tres en tres...e nun tristrás...estaba fora do alcance de calquera mirada que non fose de orixe divina...que a esas nada é quen de agocharselle...


Xa, coa prudencia separando a porta da biblioteca e o lugar que os seus cincoenta e poucos quilos ocupaban no espazo tridimensional que percibimos a maioría dos mortais...o corazón adecuou o seu ritmo ó cambio de situación...e o rapaz puido respirar tranquilo...ó lonxe o ruido de veto dunha chave...xiraba, como xira a terra...sobre sí mesma...sobre sí mesma...


O novicio non podía deixar de pensar naquela sensación que o embriagara por completo o pouco tempo que estivo no interior da biblioteca...díficil que frai Vital tivese outro descuido semellante...xa pasaran tres semáns...e a cada entrada e saída...a chave xiraba irremisiblemente de dereita a esquerda...pechando con cada un deses xiros...calquera posibilidade plausible de coñecemento...trala robustez marrón do carballo tachonado de ferro...como se de unha xigante coraza se tratase...


Nestas esperas e desesperas de ires e vires pasaron dous meses...unha delicada mañá de primaveira...coas choivas e treboadas lonxe xa da memoria...e tódolos irmás disfrutando das caricias luminosas do sol mañaneiro...que estiraban risas e paseos...de súpeto...as portas do coñecemento atopábanse coma por arte de maxia, abertas de par en par...era como si a recén estreada estación...alcanzase tamén ó edificio, e máis concretamente ó obxeto de deseo...a biblioteca...cecais a zona de máis restrinxido acceso...Miguel Antas tardou, outra vez, varios segundos en reaccionar...é coma nesas ocasións nas que desexamos máis a posibilidade que o obxetivo...atrapándonos levemente unha pasaxeira desilusión, que pronto se esvaece, unha vez espertamos do pequeno trance...así Miguel de Antas permaneceu o que dura un estornudo múltiple...nesa paralise momentánea...ata que tras dous parpadeos e medio, espertou...sen saber cómo...no centro do universo, contemplando con admiración os centos de estrelas apiladas en tódalas direccións posibles...aquel era o seu mundo...era sen dúbida o mundo que él desexaba...


Neste éxtase neuronal no que se atopaba sumerxido da cabeza ós pés...estaba, cando sentíu que non respiraba só...alguén máis estaba compartindo aquel espacio...ó fondo...xustamente detrás...sentiu como unha mirada percorría a sá para pousarse...lentamente, sen presas, na insignificancia do seu ser...Mil e unha torturas desfilaron pola mente anquilosada do novicio...pero todo o que recibiu foi unha resposta amigable...un sorriso de complicidade e unha invitación os coñecementos da vida e o universo...

De estes xeito foi como Migueliño de Antas coñeceu o que sería o seu mestre e tutor durante moitos anos...frai Vital de Redondela...(aínda que posteriores estudos relacionan o seu nacemento na limítrofe parroquia mariñeira de Cesantes dos Tras), logo virían anos de viaxes, a súa cátedra nas universidades, primeiro de Bolonia e logo na cidade alemana de Colonia, onde acadou fama como teólogo e filósofo de renombre, e principal impulsor da corrente nominalista de Ockham que corría por toda a Europa intelectual coma un soplo de aire fresco...destaca o seu libro, hoxe perdido..."Quastiones in dous libros Ockham et Duns Scoto"...clave durante moitas décadas para entender o final da escolástica e o paso a unha nova etapa no pensamento medieval...


Fray Vital e Miguel de Antas...Grabado s.XII



Por isto e por outras cousas gañouse numerosos e poderosos enimigos dentro da sacra instiutione a que pertencía dende cativo...logrando sempre zafarse no derradeiro momento, como moitos anos antes fixera...repartindo este talento entre bibliotecas e sacristías de lonxano recordo nas sagradas terras da súa Galicia natal...Ata despois de morto...voltou a zafarse das garras da Santa Igrexa Católica...deixando viaxar no vento este vello manuscrito...atopado non sem poucos esforzos, fruto a medias de casualidades e perseverancias, por un par de mozos non tan mozos, nun hoco imposible de ermida da igrexa da Peneda...

Momento do encontro: o fotógrafo C., sr. F. e sr.V.(extrano parecido con frai Vital)


NOTA: Gracias ós sres. V. e F., que desinteresadamente doaron estes documentos de incalculable valor histórica...aínda que eles ó mellor houbesen preferido atopar algún outro tesouro de reminiscencias metálicas e aporte crematístico...todo isto escomenzou cun baúl e unha atípica lenda de vinculacións familiares...tapando a historia principal a esta non menos importante historia...ah rogamos a certo popular fotógrafo que por favor se desfaga sem máis dilacións das instantáneas do acontecemento en cuestión ou polo menos as garde a bo recaudo durante un par de franxas seculares...tal vez nalgún baúl perdido no tempo...de eterno retorno...

Anonimacrónico das Redes