viernes, 9 de octubre de 2009

La sortie des usines






Ano 1895, un café de París, unha pantalla...un raro artiluxio...que agochaba unha maxia que se apoderaría por arte dun encantamento nacido da innovación...de todos e cada un dos espectadores que naquel entrañable café se atopaban...extendendo a súa influencia de asombro en asombro máis aló de todo tempo imaxinable...
Foi o nacemento do S
éptimo Arte...como arte e paradóxicamente como industria...da man de dous irmás...Louis e Auguste...de apelido Lumière...

Entre o elenco de espectadores atopábase un tal George Melies...mago e ilusionista, home do espectáculo, que quedaría abraiado ante as posibilidades do inxenioso aparello...Él foi sen dúbida o auténtico transformador daqueles rudimentarios documentos visuais...nun espectáculo de entretemento de masas, un verdadeiro visionario das posibilidades daquel aparello desenrolado por aqueles dous irmáns...o primeiro cinematógrafo da historia....

Así naceu unha nova forma de contar historias...unha nova forma de rir...de chorar...de gritar...de ilusión...así nacería o grande teatro dos sonos...a grande bola de neve escomenzaba a rodar...



Así como Balzac anos antes tomaba notas...apostado na saída dunha fábrica...mirando con atención inusitada o movemento de masas de obreros que escupían aquelas portas ateigadas de sofremento...atendendo as prosaicas exixencias da vida cotiá...para dar un testimonio real e obxectivo da sociedade da súa época...así anos despois atopábanse os dous irmáns, armados cun extrano artiluxio...facendo unha copia exacta da mesma realidade...de forma distinta...e posiblemente con distintas finalidades...tampouco os obreros sería os mesmos...pero iso é parte cecais doutra historia...da historia da vida...


"LA FÁBRICA"

A lo lejos un sirena grita
desgarrando la tarde.

La tristeza pasea su mueca

por el rostro cansado de rostros...

rostro de sudor y sueño,

rostro de rutina...

rostro negro de negro sello.

Voces y voces deslizándose cadenciosas

en humos de chimenea

que asaltan el día de reproches

!!no quiero!!

mientras el gran oso duerme

en su invierno ajeno...

lejano y ajeno...

Y la vieja fábrica llenándose,

lentamente...

Y los ojos no miran a los ojos

miran al suelo. Y lloran...

¿Quién me devolverá mis sueños cuando no sienta mi cuerpo?

Anonimacrónico

jueves, 20 de agosto de 2009

Abadía Caldaria




A treboada era tremenda...coma una man xusticieira que arrincase o medo dos corazóns dos homes...o vento xélido do norte asubiaba entre os recunchos das casas preto da Abadía...non moi lonxe,o río Arnoia baixaba moi por enriba das súas posibilidades de cauce..ameazando con asolagar todos e cada un dos cultivos colindantes e as viñas baixas...Era un inverno terrible...non paraba de chover, a terra esgotara a súa capacidade de absorción... non podía con tanta auga celestial...Os traballos a intemperie íanse retrasando unha e outra vez...ata que non quedaba máis remedio que arriscarse baixo aquel diluvio para os arranxos que non podían esperar máis...


Miguel de Antas...levaba somentes dúas semáns escasas no priorato...e xa xuntaba varias molladuras...pois ó ser o derradeiro en chegar...era o primeiro en pringar,era unha especie de lei universal non escrita, pero que tódolo internos acataban entre aqueles muros silenciosos...
Para él todo era novidade tras novidade, aínda que non sempre do seu agrado...polo demáis os seus compañeiros tentaban axudarse en tódolo posible...todos menos aquel redondelán...aquel fraile de costumes solitarias e espíritu ascético...un tanto misántropo...huidizo...que respondía o non menos extrano nome de frai Vital...posuidor, ou iso parecía do don da ubicuidade...cousa por outra banda de todo imposible...o certo é que en tódolos recunchos onde Miguel de Antas posusase a mirada...alí estaba a figura concentrada do enigmático frai...un certo velo de misteriosa atracción envolvía aquel raro persoaxe...para o que o resto da congregación parecía permanecer na máis absoluta invisibilidade, ou máis ben, incapaz de espertar nel o máis mínimo interese...



Por outra banda tódolos novicios...sobor de todo os que xa levaban tempo adicados as labouras no priorato...advertiron a Miguel de Antas...que era mellor non molestar ó irmá Vital...pois era home pouco dado a comunicación...preferindo en todo momento a compaña dos libros, a compaña dos homes...non en van era copista ilustre e experto en línguas mortas e en non sei cantos centos de cousas difíciles de pronunciar e ainda máis difíciles de entender...outros falaban en segredo de escuros coñecementos nas artes herméticas...incluso os máis temerosos, que andaba en tratos co maligno...era un precio que todo estudioso debía dun xeito ou doutro pagar...

A pesares de tódalas advertencias...Miguel de Antas non podía dominar esa curiosidade insaciable coa que viñera a este mundo...él, ingresara no monacato para deixar dunha vez por todas calquera cousa que tivese que ver coas labouras do campo, de sol a sol...a súa intención non era prestar servicios de mula de carga toda a vida...él...agardaba metas máis altas...él tiña unha necesidade casi obsesiva de coñecer...él tiña talento...él quería "descubrir" por qué o mundo era como era...e non doutro xeito...tiña fame de saber...esa fame que endexamais acouga...pois nace directamente do espíritu...Por iso e por moitas outras cousas que poden adquirire o nome de casualidade...Miguel de Antas pousou tódalas aspiracións, centrándose no misterioso fraile do que fuxían tódolos demáis...nunha especie de temeroso respeto...e, cabe dicilo...pois no fondo non entendían a súa laboura...xirando nunha espiral de supersticións primitivas...nin as extravagancias teóricas nas que andava mergullado...nin os plantexamentos que movían os seus pasos pola vida...como ó longo de tódala historia, outros homes ilustres antes que él...moitas veces con nefastas consecuencias para a vida, obra e miragres do susodito...


Abadía Caldaria


Unha tarde na que a choiva tamborileaba os cristais das ventás...e o frío acompañaba a curiosa peza musical...con castañeteo de dentes e taconeo de pés fríos nas táboas do chan...frai Vital saíu coma un lóstrego da biblioteca...na percura dalgún elemento indispensable que precisaba...con frenética sucesión de pasos debuxou o camiño en dirección ó invernadeiro...onde nun pequeno recuncho, apartado de ofrendas frorais e leguminosas de abundante e variada morfoloxía...frai Vital dispuña, nunha especie de pacto de silencio tácito, dunha parceliña onde medraba a materia prima necesaria para os seus estudos experimentais....xuntas compartían espazo especies da máis rara e diversa índole e procedencia...ninguén, absolutamente ninguén tiña a osadía de achegarse...nen sequera coa vista, a aquel espazo privado e perfectamente delimitado...o medo era o vixiante máis efectivo daqueles tesouros...polo que frai Vital facía e desfacía coa máis absoluta tranquilidade...


...Miguel de Antas pasou por varios estados anímicos en poucos segundos...estaticidade, temblor cap i cua, acto...decatándose da oportunidade que a divina providencia instalara sin previo aviso dinate do seu nariz..o de Antas entrou a hurtadillas, con todo o peso do seu corpo, que era dicir ben pouco, descansando no anonimato da punta dos pés...así como se as táboas do chan queimasen...foise desprazando a pequenos saltos...amortiguando cada paso cun movemento pélvico aprendido na súa etapa de sancristá de aldea, aliado coas sombras que tamén percuran a invisibilidade necesaria da que un depende para non ser descuberto nas curiosidades e trasnadas propias da curta idade...evitando ceses innecesarios e tiróns de orellas, que non favorecen en nada...a non ser que un sexa aficioado ós sabañóns ou estiramento de tecido cartilaxinoso...fora de determinadas datas conmemorativas...que non era o caso...


Unha vez dentro da biblioteca...contemplou con certa admiración, mesurada pola tensión do momento, os centos de volumés apilados nas estanterías, dende o chan ata ó teito, os libros ocupaban toda a enormidade da estancia...logo de empaparse no pracenteiro entorno...co corpo erizado da felina emoción...reparou na mesa situada a súa esquerda...onde como sinalando a actividade...unha lámpada de aceite permanecía acendida, dándolle forma e cor ós dous grandes volumes que continuaban abertos...exhibindo a medias algún desexado tesouro...dos moitos que alí descansaban baixo chave, ateigando as estanterías de castiñeiro que acariñaban as vigas do teito celeste...


De súpeto...uns pasos, que máis que escoitarse, intúense ó fondo do corredor...apenas co tempo necesario para esfumarse co regusto da mel nos beizos...Cuns movementos máis propios dun gato que dun rapaz...pasou por debaixo das mesas...de tres en tres...e nun tristrás...estaba fora do alcance de calquera mirada que non fose de orixe divina...que a esas nada é quen de agocharselle...


Xa, coa prudencia separando a porta da biblioteca e o lugar que os seus cincoenta e poucos quilos ocupaban no espazo tridimensional que percibimos a maioría dos mortais...o corazón adecuou o seu ritmo ó cambio de situación...e o rapaz puido respirar tranquilo...ó lonxe o ruido de veto dunha chave...xiraba, como xira a terra...sobre sí mesma...sobre sí mesma...


O novicio non podía deixar de pensar naquela sensación que o embriagara por completo o pouco tempo que estivo no interior da biblioteca...díficil que frai Vital tivese outro descuido semellante...xa pasaran tres semáns...e a cada entrada e saída...a chave xiraba irremisiblemente de dereita a esquerda...pechando con cada un deses xiros...calquera posibilidade plausible de coñecemento...trala robustez marrón do carballo tachonado de ferro...como se de unha xigante coraza se tratase...


Nestas esperas e desesperas de ires e vires pasaron dous meses...unha delicada mañá de primaveira...coas choivas e treboadas lonxe xa da memoria...e tódolos irmás disfrutando das caricias luminosas do sol mañaneiro...que estiraban risas e paseos...de súpeto...as portas do coñecemento atopábanse coma por arte de maxia, abertas de par en par...era como si a recén estreada estación...alcanzase tamén ó edificio, e máis concretamente ó obxeto de deseo...a biblioteca...cecais a zona de máis restrinxido acceso...Miguel Antas tardou, outra vez, varios segundos en reaccionar...é coma nesas ocasións nas que desexamos máis a posibilidade que o obxetivo...atrapándonos levemente unha pasaxeira desilusión, que pronto se esvaece, unha vez espertamos do pequeno trance...así Miguel de Antas permaneceu o que dura un estornudo múltiple...nesa paralise momentánea...ata que tras dous parpadeos e medio, espertou...sen saber cómo...no centro do universo, contemplando con admiración os centos de estrelas apiladas en tódalas direccións posibles...aquel era o seu mundo...era sen dúbida o mundo que él desexaba...


Neste éxtase neuronal no que se atopaba sumerxido da cabeza ós pés...estaba, cando sentíu que non respiraba só...alguén máis estaba compartindo aquel espacio...ó fondo...xustamente detrás...sentiu como unha mirada percorría a sá para pousarse...lentamente, sen presas, na insignificancia do seu ser...Mil e unha torturas desfilaron pola mente anquilosada do novicio...pero todo o que recibiu foi unha resposta amigable...un sorriso de complicidade e unha invitación os coñecementos da vida e o universo...

De estes xeito foi como Migueliño de Antas coñeceu o que sería o seu mestre e tutor durante moitos anos...frai Vital de Redondela...(aínda que posteriores estudos relacionan o seu nacemento na limítrofe parroquia mariñeira de Cesantes dos Tras), logo virían anos de viaxes, a súa cátedra nas universidades, primeiro de Bolonia e logo na cidade alemana de Colonia, onde acadou fama como teólogo e filósofo de renombre, e principal impulsor da corrente nominalista de Ockham que corría por toda a Europa intelectual coma un soplo de aire fresco...destaca o seu libro, hoxe perdido..."Quastiones in dous libros Ockham et Duns Scoto"...clave durante moitas décadas para entender o final da escolástica e o paso a unha nova etapa no pensamento medieval...


Fray Vital e Miguel de Antas...Grabado s.XII



Por isto e por outras cousas gañouse numerosos e poderosos enimigos dentro da sacra instiutione a que pertencía dende cativo...logrando sempre zafarse no derradeiro momento, como moitos anos antes fixera...repartindo este talento entre bibliotecas e sacristías de lonxano recordo nas sagradas terras da súa Galicia natal...Ata despois de morto...voltou a zafarse das garras da Santa Igrexa Católica...deixando viaxar no vento este vello manuscrito...atopado non sem poucos esforzos, fruto a medias de casualidades e perseverancias, por un par de mozos non tan mozos, nun hoco imposible de ermida da igrexa da Peneda...

Momento do encontro: o fotógrafo C., sr. F. e sr.V.(extrano parecido con frai Vital)


NOTA: Gracias ós sres. V. e F., que desinteresadamente doaron estes documentos de incalculable valor histórica...aínda que eles ó mellor houbesen preferido atopar algún outro tesouro de reminiscencias metálicas e aporte crematístico...todo isto escomenzou cun baúl e unha atípica lenda de vinculacións familiares...tapando a historia principal a esta non menos importante historia...ah rogamos a certo popular fotógrafo que por favor se desfaga sem máis dilacións das instantáneas do acontecemento en cuestión ou polo menos as garde a bo recaudo durante un par de franxas seculares...tal vez nalgún baúl perdido no tempo...de eterno retorno...

Anonimacrónico das Redes


lunes, 6 de julio de 2009

Próscritos



Aínda recordo a miña primeira viaxe a París...alí tiven a sorte ou como non a obriga, de visitar un dos museos que máis pracer me provocou...instalado nunha antiga estación de ferrocarril...este delicioso museo está, na súa maior parte adicado ó século XIX...a cabalo entre o Louvre...e o Pompidou... o museo d´Orsay é sen dúbidas...un deses lugares de culto onde a beleza está en cada paso, en cada xiro, en cada descanso... instalado na virulencia emocional do entorno...atopéime como por casualidade, cunha obra de contido e dimensións épicas...un cuadro ata entón para mín descoñecido...un verdadeiro descobremento..."Caín fuyant sa famille"...o seu autor Fernand Cormon....Tildado de artista mediocre...por moitos dos seu contemporáneos...este pintor inclasificable era dono dunha pequena academia, sita como non, no barrio de Montmartre...respondendo o pouco orixinal nome de "Atelier Cormon"...un lugar de paredes grises, con desconchados trepando polos muros suxos e cheos de raspaduras de paleta...que daban ó entorno un aspecto decrépito e rancio...un tanto agobiante...pero que segundo un dos seus alumnos...un tal Toulouse-Lautrec...era a pesares de todo, un sitio alegre dirixido por un home triste onde chegaron a traballar e desfrutar...case setenta alumnos...

Fernand Cormor...foi profesor de Belas Artes de Paris...as súas obras son principalmente históricas, relixiosas e retratos...entre os seus alumnos estiveron...Toulouse-Lautrec, Louis Anquetin, Gauzi, Renier, Emile Bernand, Martinot, Adrien Ouvrier e Vincent Van Gogh entre outros...
A verdade é que cando me atopei cara a cara con este cadro, primeiro experimentei a novidade temática...a forza da escena...uns homes prehistóricos que fuxen dun perigo invisible, do que dalgunha forma non poderan liberarse...pois non hai escapatoria...iso vese reflexado nas miradas de desesperanza...no movemento...nas cores...a verdade quedei abraiado...nunca habería paz para aqueles homes asustados...que ían a ningunha parte...
A volta, a miña primeira tarefa foi investigar sobre esta obra...é descubrín, moito máis do que podía imaxinar...

"Caín fuyant sa famille"
Cormor introducíu un tema novedoso na historia da pintura...a prehistoria...nun momento de grandes descobrementos neste campo...facendo unha reconstrucción antropolóxica da vida naqueles tempos remotos de barbarie e supervivencia...
A modo de introducción Fernand Cormon cita os versos de LA CONCIENCIA poema de Víctor Hugo, extraído da súa epopeia "La Leyenda de los Siglos"...

"Cuando junto a sus hijos,
vestidos de pieles
de bestias...
Desgreñado, lívido, enmedio de la tempestad
Caín huyó ante Jehová.
Como la noche caía,
sombrío, el hombre llegó..."

Así o pintor, introduce a temática bíblica, coa que ilustra o destino fúnebre de Caín...condenado a fuxir perpetuamente...Segundo moitos críticos e intérpretes...Cormon alonga cada sombra, nun efecto no que a luz da verdade perseguirá ós culpables aeternam...

PROSCRITOS

Caminando descalzo por el desierto
el aliento helado...
la mirada sangrienta...
los pies desnudos...
Cuerpos alineados que caminan
hacia un infinito imaginario...
de vacío...
sin más compañía que
la desesperación que persigue
a los proscritos...

El movimiento de los cuerpos
sin sentido...
sin esperanza...
con las ambiciones perdidas
del que no busca...


La sed y el hambre
sacude las vidas
agitadas
de huesos y pieles
con la idea fija
de un nuevo amanecer
en alguna parte
lejos...muy lejos
de todos los lugares
de un mundo que no les pertenece...

Y mientras todo avanza
en sentido contrario
a las agujas de un reloj
que devora
al que huye
y al que persigue
en su hechizo circular
de soles y lunas...
de meses y años...
de días y noches...
sin más cordura
que la mínima expresión
de una risa
o la humedad furtiva
de una lágrima
que dibuja en su caída
la invisible línea
de un sentimiento...

Todo lo que tengo
es todo lo que soy
lo demás es quimera...
un adorno innecesario
que arrastra el artificio
de la felicidad
esquiva...

Fugitivo soy...
de manos vacías
que recorren ávidas
los laberínticos senderos
por los que existo...
mientras avanzo
a golpes...
entre la vigilia y el sueño
que esculpe mis pasos
por el mundo...

Anonimacrónico.

lunes, 4 de mayo de 2009

ZOCODOVER



A espada dormía ese sono de séculos...que dormen eses elementos anacrónicos nos tempos que non lle pertencen, a espera de épocas mellores nas que demostrar a súa valía de antaño, cando foron e para o que foron concebidos...alí estaba, na funda negra de coiro, na calor de saberse útil por enésima vez...nesta ocasión voltaría a ter un compañeiro digno da súa categoría...que novos quefaceres os agardarían!!!
Lograría por fin abandoar a súa longa permanencia naquela tenducha do barrio vello de Toletum...onde compartía, a disgusto, estancia con deceas de imitacións burdas...de arcos, armaduras, ielmos, quebraosos, escudos, falsarios mandobles, dagas, espadas ó uso dunha man e un longo etc...de cachivaches e bagatelas da máis variada estirpe e procedencia...quincallas para o turista accidental que o mismo levaba un castelo de mazapán...que unha camiseta...que un artiluxio de imitación...a maior parte das veces inservible..."Zocodover", nada tiña que ver con todo aquilo..."ela" era unha espada con máis oitocentos anos de vivencias as súas costas, curtida en mil en unha batallas, extensión de heroes e heroicidades diversas, viaxeira incansable...por tódolos recunchos do mundo coñecido...dende as terras penínsulares ata a Terra Santa...ata a ilustre Xerusalén...onde coñeceu o seu apoxeo ó servizo da nobre orden do Temple...os cabaleiros sagrados...enigmas escuros sen descifrar...tan esquencidos como idolatrados...nun tempo en que a espada era a compañeira máis fiel que un home podía ter e desexar ó seu carón...sempre disposta a iriscencia metálica do seu filo...sempre a empuñadura impacente...sempre alerta...pois tras ela pendía a vida dun home nobre e máis alá dela a de moitos centos e moreas...un home que ela mesma elexirá...pois o valor era a súa única medida...non coñecía outra autoridade...non seguía outras leis...ela dalgún modo era xuíz e parte...

A súa orixe era tan lonxana como inaccesible...durante case catrocentos anos permaneceu dormida en oscuros almacéns, en perdidas armerías...percorrendo rutas comerciais...que antaño percorrera ó galope da embestida...nunha viaxe iniciática de retorno a orixe...desembocando logo, na trastenda dun xudeu coleccionista e supostamente experto en expoliacións, roubos e outras falcatruadas...dono dunha tenda cerca da sinagoga...nas terras enchidas do Toletum secular...un tratante de arte sen escrúpulos...que se fixo coa preciada peza...por casualidade...mercando un lote..a un comerciante alemán que pouco ou nada sabía do tema...e que non distinguiría unha espada dun sabre, aínda que a vida lle fose nesta "delicada empresa"...iso sí...tiña un talento especialmente desenrolado para as matemáticas e os negocios de sangue...sobor de todo, naqueles que se refiren ós metais de curso legal e non tan legal...talento que compartía a medias co despilfarro, pois as moedas tan pronto entraban como saían da súa sempre valeira alforxa...sendo o aforro, unha virtude que non ornaba as súas rubicundas e xenerosas carnes...completaba a súa "fisonomía espiritual", unha afición desmedida pola calor dos corpos voluptuosos da máis tenra xuventude...non reparando en gastos para satisfacer ámbolos dous apetitos...tan voraces que acabarían devorando ó seu suposto beneficiario...cunha sífilis de cabalo e outras prendas interiores e exteriores que acabaron co teutón como abono de malvas e outras especies botánicas similares...

Nesta texitura, a espada voltou a cidade que moitos séculos antes a concebira...nunha forxa perdida no tempo...nas mans dun ferreiro ó servizo da honorable orde...agora somentes cabía esperar...

Nunha tarde na que o sol anunciaba a súa curva descendente...chegou a cidade un ómnibus cargado de turistas americanos procedente de Sevilla...un deses de "typical hispanish, olé, torrro" e "
donde McDonalds comer bien..." adalides do tópico e que ata hai uns días non poderían situar a península ibérica nun mapa e moito menos Choledo, Madrrride...Sanchiagó...Sevilia...ou calquera outra cidade de similares características, pois calquera tramanca presentaría máis lucidez que aqueles fillos de Utah..."me cago en la puta"...que respostaban facendo gala dese humor tan nuestro, en plan socarrón, ós das birras e estrelas..cando xa fartos de manzanilla e cervexa trataban de "torear" entre olés mal pronunciados e risas etílicas a algún viandante despistado ou o que era peor, a algún camarero atarefado en exceso...e por que non dicilo, ata os collóns de guiriguays prepotentes e faltos da máis elemental educación...xeográfica, histórica e universal...
Así entre risotadas e bravuconadas, meio mareados...chegaron a que foi capital do Imperio onde nunca se puña o sol...da que nada oiran nin coñecían...abraiados pola maxestuosidade e beleza serea con que a cidade dominaba toda aquela enorme planicie...oteando vixiante o horizonte infinito, acariciada polo sol e o verde insinuante e milenario dos beizos do río Tajo, a beira da historia...unha historia...chea de luces e sombras...


Levados por unha guía experta domadora...visitaron a cidade sen tropezar uns cos outros...o que adquiriu a dimensión de fazaña...e a última hora deixáronos caír na tenda do afamado anticuario...onde debido a barreira idiomática e as neumáticas actitudes, sobaron tódolos artículos posibles habidos e por haber...salvándose somentes, os atrincherados nas acristaladas vitrinas...que iso sí...rexistraron máis huellas dactilares, que habitantes tiña, comprando pouco e estorbando muito, ante a desesperación da esgotada guía e a mirada vixiante e corrosiva do devandito comerciante...que azuzado polo desespero e antipatía do grupo, estivo a punto de armarse con algunha das pezas en exposición e escomenzar a súa particular batalla contra o invasor, separando cabezas, troncos e extremidades...a antigua usanza...só a profesionalidade e o ánimo de lucro apaciguaron en parte os exasperados ánimos do anticuario...que ganas non lle faltaron de emular ós groriosos portadores de moitas pezas que tan sabiamente custodiaba...ata atopar un destinatario disposto a apadriñar coa súa carteira, aqueles anacos de historia que por dignidade e valía deberían estar nun museo ou residencia similar, para disfrute e aprendizaxe de tódalas xeracións restantes...

Somentes meia docena de "bárbaros" permaneceron colgados por un exótico interés recordatorio, mal chamado souvenir para determinadas pezas, na estancia museocomercial...entre eles mister Smith, un tratante de calzado que fixera a súa fortuna quitándolle as prantillas de serie ós zapatos, zapatillas e zapatóns... e logo vendéndoas por separado...coa finalidade de sacarse un xugoso premio extra con cada venta...que non sabería de historia nen de xeografía, pero parvo non era...e tiña un talento moi "especial" para certo tipo de comercio e como non...para "convencer" a proveedores e clientela das avantaxes de adquirir as súas mercadorías...que a fin de evitar accidentes innecesarios, accedían presas dun entusiasmo súbito...onde antes houbera un desdén pasaxeiro...fruto cecais da confusión de termos e obxectivos...

Mister Smith deambulaba pola sección de armas, cun certo interés neófito...pois desdeñaba todos aqueles cachibaches ...pero necesitaba algo que adornase, que añadise un prestixio do que carecía a súa recén adquirida mansión de Florida...entusiasmo que xurdira cando a guía, por certo unha morena de...nunca mellor dito..."armas tomar"...cun reparto de volumes e curvas nas que calquera desexaría perderse, todo elo coroado por uns ollos verde esmeralda...que a aquel pailán lembráronlle as cores da súa aínda non estreada piscina...tendo como tiña toda a costa caribeña para facer este tipo de poéticas metáforas...ó que a exhuberante moza, de nome Lucía...respostou cun sorriso forzado e cara de confusión...facendo gala dunha diplomacia e amabilidade que mister Smith non se merecía...cando Lucía comentou entre liñas, a relación entre a coroa española e os territorios de ultramar do golfo de México...entre os que Florida estaba incluido...cousa que o norteamericano non podía crer...crendo como creía somentes en Disneyworld e naquel homiño que saía nos billetes de One Dollar...antes diso nada existía...foi o BigBang e logo a Declaración de Independencia e ala...

Mister Smith engaiolouse, ademáis da beleza racial de Lucía...da que o separaban moitos anos e moitos libros, dunha xoia enfundada nun coiro negro ó uso...cunha sinxela, pero fermosa empuñadura de madeira coroada nunha interminable espiral encerrada no misterio redondo dun círculo...atada por unha cinta grana...estandarte perdido no tempo...que lucían...non por azar, tódolos corceis no que esta aventureira percorreu as distancias que separan a anodina existencia...do pasado grorioso....
Parece ser que tan preciado artigo non estaba en venda...pero o mister insistiu... primeiro tratou de aplicar as súas "dotes" comerciais...pero o anticuario era un óso duro de roer...e algo parecido ó medo deulle a entender a mister Smith que ese non era o camiño adecuado...así que apretou de billeteira ata que a golpe de ceros rompeu as defensas ata agora inexpugnables do incrédulo comerciante...que non puido nin quixo resistirse a suculenta oferta...tamén axudaron as ganas de cerrar, pois xa se facía tarde, e a fame que apretaba na boca do estómago...e como non, a mirada de súplica de Lucía...que tiña que conducir ó hotel a aquel nutrido grupo de glotóns consentidos...que berreaban nas rúas empedradas de lendas da noite toledana...afeando en certa medida aquel maravilloso entorno...

Mister Smith considerou aquilo un triunfo persoal, e hinchado coma un pavo real...amarrado a aquela caixa de cartón branco e espuma que contiña a peza recén adquirida...non se lle ocurríu outra cousa, que facer un bombardeo masivo de piropos e zalamerías varias "an english"...
con destino a persoa de Lucía, namentras dirixía entre descuidos, miradas furtivas e non tan furtivas ó escote...posadeiras e outras partes de suculenta disposición...tan seguro se sentía aquel home armado...aínda que parecía que en vez dunha espada...portaba un xamón ou ristra de chourizos de Salamanca...menudo cavalieri...

Aquela noite mister Smith non pegou ollo...non se sabe si pola emoción momentánea da victoria ou porque cando nun ataque de curiosidade e sublimación, repetindo continuamente KING ARTHUR !!! KING ARTHUR!!! desfixo, nunca mellor dito, o envoltorio que o separaba da anhelada visión...regado darriba abaixo de escocés...de súpeto un brillo ameazador fixo que tivese que apartar violentamente a vista do bruñido metal...quedando por uns intres, cegado polo aceiro...aparte do ruido metálico atroador que xurdíu do desenvaine...todo isto acabou coa espada e co mister no chan...iso sí...un a cada lado da cama...como en verdade era...nada tiñan que ver o un co outro...
Cando se recuperou do aturdimento...a cachola dáballe voltas sen parar...e a derradeira imaxe de mister Smith era do máis grotesco...un home entrado en carnes, en calzoncillos e camiseta de asas a xogo, que parecía buscar algo no fondo do inodoro e non atopalo...pensamento que xurde a raíz do tempo empregado en tan innoble tarefa...alí...rodeado de fluidos gástricos e restos de comida e whisky, pasou parte da noite...ata que sobor das tres e media da mañán...foi tambaleándose ata a cama e maldurmiu as horas que o separaban do día seguinte...

Era o último día en Toledo...tocaba visita a catedral e comida típica con menú de degustación nun acolledor restaurante de nome El Palacete...pois era un palacio hispano-musulmán do século XI...honrosamente restaurado...monumento nacional con varios premios as súas costas...e unha beleza e armonía que facía que os comensais se sentisen príncipes por unhas horas...
Ata alí conducíu a súa "resaca" o americano...amarrado con uñas e dentes a preciada peza...preso dun medo de orixe metafísico que somentes él coñecía...fora da caixa...nun exercicio suicida de ostentación indiana...A comida demorouse varias horas...o viño regou as gorxas dos fillos de Utah...
O certo é que a ledicia e a exquisita comida colleu por sorpresa a mister Smith, que cando se levantou para coller o abrigo...mirou hacia atrás...correu entre as mesas ateigadas de conversacións...pero a espada desaparecera..."
sfumatti
"...non había ratro dela...montou en cólera...pero o mister nunca máis sabería o que alí aconteceu...quería denunciar...quería ir a embaixada...quería falar co presidente.. como son estos americanos...o efecto Hollywood supoño...pero a espada quedou e mister Smith marchou...ata os seus compatriotas sentíronse avergonzados...houbo que sedalo coma unha fera que perde o dominio...foi "repatriado"...co resto daqueles vándalos da economía emerxente...para non voltar...probablemente endexamáis...

Ninguén sabe o que aconteceu...o tempo fixo o resto...miles de turistas e visitantes saturaron durante anos as rúas da cidade patrimonio da humanidade...ata que unha tarde de sábado...cinco xoves e non tan xoves, fixeron o mesmo percorrido..que mister Smith aquela tarde...no paseo ata un restaurante de nome casualmente ou non tan casualmente El Palacete...visitaron con certo descuido unha das moitas tendas que ofertan espadas e outros recordos e "útiles" medievais...era a terceira ou cuarta tenda que visitaban...a verdade e que buscaban un bo queixo de cabra curado ou semicurado, polo que alternaron as entradas e saídas de tendas de delikatessen con tendas de contido máis marcial...de formanto máis épico...repartindo gustos entre estómago e corazón...era tamén o terceiro ou cuarto establecemento que prometía esa pequena viaxe no tempo...pero todas ofertaban o mesmo...con precios similares.. nada parecía valer o esforzo económico...pero había un pracer implícito en todo aquilo....Paseando distraidos...aderezados cun poutpourri de bromas variadas...entre arcos, frechas, dagas pintorescas, armaduras, mazas, espadas...algo...o fondo do local chamou a atención destes viaxeiros...pero todo quedou ahí...
Logo dirixíndose con paso lúdico cara ó restaurante...catro forasteiros e un quinto, familiar, e xa amigo, autóctono da cidade...que servía de guía polas laberínticas rúas toledanas...entre risas e escaparates foron densrolando "o camiño dos comensais" recomendado polo toledano...a todos lles pareceu un lugar agradable...e decidiron facer un esforzo pecuniario...o seu anfitrión e o sitio ben o merecían...
A comida foi excelente...a compañía grata...entre fotos e cañas transcurríu a celebración...a mesa era a mesma na que un día calquera dun ano calquera, mister Smith sentou coa espada ós pés...tal vez ese acto en apariencia banal foi o desencadeante dos acontecementos ou tal vez non...
A degustación seguíu un paseo cheo de curiosidades...as murallas...unhas horripilantes escaleiras eléctricas...que farían as delicias dos amigos americanos...a visión romántica das ruinas dun circo romano...os museos...e como despedida do anfitrión por motivos laborais que aquí non veñen a conto...un café nunha antiquísima igrexa, adaptada para semellantes actos...un pracer onde os praceres se multiplican...

Na caída da tarde...cando o sol propicio iniciaba como outrora ó seu acostumado descenso...como leva facendo dende que o mundo é mundo...os viaxeiros decidiron darlle unha nova oportunidade a búsqueda...decidiron pasear polas memas rúas que horas antes da comida...perdéronse varias veces, pois aínda que o suposto paseo non era máis que iso...un vagar...a intención era outra ben distinta...localizar por tódolos medios aquela pequena tenda...onde unha espada captara o seu interés...o subconscente estaba a traballar sen acougos...
Cando se aproximaba a hora dos peches...cando tódalas esperanzas parecían difuminarse entre o xentío que se preparaba para o acto procesional...que alí paracía encher toda aquela semana...o doblar...nunha esquina...pensando noutra sistemática equivocación...zas!!! alí estaba...esperando...sí...sí...alí se atopaba aquela tenda ateigada de imitacións...de souvenires...de copias xurdidas do celuloide...alí...ó fondo...agardando...sen título...sen adornos inservibles... austera...alí esperaba ela...como a luz dun lóstrego que alumea o camiño na escuridade sen nome...
O viaxe de volta...cen cabalos...a cor grana da orde...un pulso firme...era o regreso que ela...coma sempre...deu en elexir...honra como se merece...

Anonimacrónico.
>

viernes, 20 de marzo de 2009



Un giro de avestruz
largo de silencios.
La velocidad fría de una mirada
sin dueño.
Lágrimas octogenarias
de un niño confundido mirando un cielo.
El patio se llena de locos cada domingo.

De voces lejanas en los bolsillos.
De botellas llenas de delirio.
De pasos sin rumbo.
De manos abiertas con surcos de río.
De esperas vacías,
y ojos sin brillo.

De gritos descalzos que buscan oído,
trepando espaldas de piedra e infinito.
De brazos de amigo.
Y los años creciendo en renglones
torcidos,
en historias de humo,
siglo tras siglo.
Y el patio se llena de locos cada domingo.

Anonimacrónico.

MAMASUNCIÓN


"Facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario..." Ch. Piñeiro.

Fai varios lustros...nunha desas noites onde a calor non te deixa durmir,
metade por tedio, metade por non ter que madrugar o día seguinte...atopeime por casualidade, tarde ou cedo tiña que suceder, con este poema visual...a emoción percorreu cada unha das terminaciós nervosas do meu corpo...hoxe, tantos anos dispois...con moitas revisiós as miñas costas...segue conseguindo en mín a mesma reacción que a primeira vez que por casualidade atopei a "Mamasunción"...

As veces nas curvas do tempo, acadamos descobrementos que van a marcar a nosa existencia, este é sen dúbida un deses momentos...
Aquilo era algo realmente fermoso, era de algunha maneira parte de mín, da miña herdanza, da miña terra...pero era tamén universal, porque os sentimentos cando son verdade non precisan de ningún tipo de fronteiras...

Esta pequena grande obra mestra da cinematografía galega...dirixida por Chano Piñeiro, precursor do cine galego e en galego, onde trata duha forma lírica e crítica o drama da emigración dun pobo que tivo que lanzarse alén do mar para sacudirse unha pobreza que o estrangulaba, ata non deixalo respirar...
Baseada nunha historia real, unha de tantas que golpearon a Galicia rural na posguerra, contada por Manuel Barreiro, carteiro de Forcarei, pobo onde Chano Piñeiro viviu dende neno durante varios anos...
Debido ó escaso presuposto, o mesmo Manuel Barreiro interpretou o papel de carteiro naquela "pequena tolemia" (que removeu o audiovisual galego), rodada con moitas ganas e poucos medios ala polo ano 1984...

Palmarés: Gran premio do cine español e trofeo do Instituto de Cooperación Iberoamericano no XXVI Festival Internacional de Bilbao (1984). Premio da Crítica na Sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia (1985). Premio da Federación Internacional de Críticos en Oberhausen (1985). Premio da Federación Internacional de Cineclubes Cracovia (1985). Gran premio de curtametraxes en Figueira da Foz (1985). Segunda película máis votada polo público no festival de Sidney (1985). Gran premio do festival de Tetuán (1986).


Localizacións: Baiste e Rubillón (Avión) e Beariz (Ourense)





"Pai e fillo chorando. Despedida de emigrantes"
Fotografía: Manuel Ferrol

"MA ASUNCIÓN"...pequeno e humilde homenaxe a Chano Piñeiro.

O meu amigo marchou
lonxe un día de Inverno
coas mans cheas de soños
e o corpo cheo de medo.

Tristeiro saíu da casa
levando a terra consigo.
A nai que tanto chorou,
foise apagando ós pouquiños,
namentras aquel rapaz
choraba suor encollido,
co lombo caíndolle ós cachos
e a ialma ós "cachiños".

Pasaron moitas noites de Inverno,
moitos vrans e moitos millos
pero aquel que marchou coa choiva
non voltaría de vivo.

"Ma" Asunción que choraba
por darlle un bico ó seu fillo
foi perdendo a calor da vida
e secándolle o sentido.

Hoxe aínda a Terra chora
por todos aqueles "seus" fillos
como tamén eles choraron
levando a Terra consigo...

Anonimacrónico.







lunes, 16 de marzo de 2009

LOBO




O lobo esa misteriosa criatura...unha das especies máis antigas da terra, 100.000 anos contemplan a súa existencia de fauces...trotando baixo soles e lúas...por un mundo que agora ameaza de morte a súa supervivencia...
Símbolo de liberdade, de independencia, de rebeldía...un ser arcano recoberto polas máis escuras lendas, a historia do lobo estás íntimamente ligada a historia do home...chegando, non poucas veces a misturarse de forma "inevitable"..


"LOBOS"

Aullan los lobos
en el bosque de la noche...
Gritos calientes
que hielan el alma del amanecer,
que viajan al viento
para volver con sus fauces
afiladas de siglos
desgarrando la vida...
Vida para vida
muerte para la vida...
Poesía salvaje,
de sangre,
de hambres,
de miedos,
de lucha,
de estaciones repetidas...
que mueren para nacer,
que nacen para morir...
Naturaleza viva,
libertad e instinto
hambre, calor y frío.
Bajo la luz de los sueños
trotan los lobos del tiempo,
sobre la Madre Tierra...
bajo su padre el Cielo...

Anonimacrónico


LOBOS E HOMES

Na historia da humanidade, o lobo está presente, non en vano, unha loba amamantou o nacemento dun dos máis grandes imperios da historia...moito antes homes e lobos xa se misturaban de tal xeito, que chegaron incluso a converterse nun mesmo ser...o licántropo ou lobishome...
O primeiro lobishome recoñecido, aparece na mitoloxía grega...a historia de Lycaon de Arcadia...outros ilustres historiadores da antiguedade, coma Herodoto, xa nos fala dos Neuri (tribu do norte de Escitia, que se transformaba en lobo determinados días do ano), tamén Virgilio nas súas Églogas, Plinio el Viejo na súa Historia Naturalis, Petronio no seu Satyricón....



Na Idade Media estas hitorias atopan o seu apoxeo...habéndose datado casos nos arquivos de toda Europa (sobor de supostos licántropos), ata os noso días...onde inundan os procesos creativos...literatura, cine, televisión,cómics...exercendo unha fascinación continua de xeración en xeración...
Algo terá o lobo...que fai que nos avergoncemos de nós mesmos...algo que o home perdeu fai moito tempo...


PIEDRAS SUELTAS

Piedras sueltas
ornando las cicatrices de la tierra
formando leves signos
en un lenguaje de algas
que escriben pasos y vientos...
Historias vivas, para no lectores,
pasajeros de pies y olvidos.
Desde la última vuelta de camino
desde el último recodo de respiro,
enjuto,
con pasos de silencio
y hambre de siglos,
acecha solitario,
siempre maldito,
mientras nieva sobre el río
un lastimero aullido...
Mal nombre ese de lobo,
mal nombre y peor destino.
Un trueno cruza el bosque...
una tormenta de tiros...
caen gotas de plomo...
manchas de sangre en los pinos...
Grandes zancos sin aliento,
dentelladas de aire frío...
El fuego que muerde tus huesos
es un fuego asesino...
Mal nombre ese de lobo,
mal nombre y peor destino...

Anonimacrónico.






domingo, 8 de marzo de 2009

Eternidad

A veces el viento,
habla con voz de mujer,

atravesando en susurros de reloj
las almas del barco y las gaviotas.
Y las lágrimas del mar
no esperan
caen
como tormentas de verano
que enturbian la mirada

de los hijos,
que aguardan perdidos
en algún lugar de estrellas.
Y sueña la ola
arrastrando la arena,
esculpiendo en círculos
los rincones hambrientos
de luz,
que vuelan con alas de cera
cerca del sol.
Y escucho un nombre lejano,
distante,
un nombre que conozco y no recuerdo
un nombre líquido
un nombre sólido
un nombre gaseoso
un nombre sin nombr
e
un círculo dentro de un círculo
un círculo lleno de nada e infinito.
Un nombre de mar más antiguo
que el mar
que la tierra
que el cielo
que tú y que yo
que al fin y al cabo
somos menos que una gota
en el océano de las gotas.
Al final de cada beso tuyo
puedo sentir el enigma.

Anonimacrónico.