Hace 13 años
viernes, 20 de marzo de 2009
MAMASUNCIÓN
"Facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario..." Ch. Piñeiro.
Fai varios lustros...nunha desas noites onde a calor non te deixa durmir,
metade por tedio, metade por non ter que madrugar o día seguinte...atopeime por casualidade, tarde ou cedo tiña que suceder, con este poema visual...a emoción percorreu cada unha das terminaciós nervosas do meu corpo...hoxe, tantos anos dispois...con moitas revisiós as miñas costas...segue conseguindo en mín a mesma reacción que a primeira vez que por casualidade atopei a "Mamasunción"...
As veces nas curvas do tempo, acadamos descobrementos que van a marcar a nosa existencia, este é sen dúbida un deses momentos...
Aquilo era algo realmente fermoso, era de algunha maneira parte de mín, da miña herdanza, da miña terra...pero era tamén universal, porque os sentimentos cando son verdade non precisan de ningún tipo de fronteiras...
Esta pequena grande obra mestra da cinematografía galega...dirixida por Chano Piñeiro, precursor do cine galego e en galego, onde trata duha forma lírica e crítica o drama da emigración dun pobo que tivo que lanzarse alén do mar para sacudirse unha pobreza que o estrangulaba, ata non deixalo respirar...
Baseada nunha historia real, unha de tantas que golpearon a Galicia rural na posguerra, contada por Manuel Barreiro, carteiro de Forcarei, pobo onde Chano Piñeiro viviu dende neno durante varios anos...
Debido ó escaso presuposto, o mesmo Manuel Barreiro interpretou o papel de carteiro naquela "pequena tolemia" (que removeu o audiovisual galego), rodada con moitas ganas e poucos medios ala polo ano 1984...
Palmarés: Gran premio do cine español e trofeo do Instituto de Cooperación Iberoamericano no XXVI Festival Internacional de Bilbao (1984). Premio da Crítica na Sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia (1985). Premio da Federación Internacional de Críticos en Oberhausen (1985). Premio da Federación Internacional de Cineclubes Cracovia (1985). Gran premio de curtametraxes en Figueira da Foz (1985). Segunda película máis votada polo público no festival de Sidney (1985). Gran premio do festival de Tetuán (1986).
Localizacións: Baiste e Rubillón (Avión) e Beariz (Ourense)
"Pai e fillo chorando. Despedida de emigrantes"
Fotografía: Manuel Ferrol
"MA ASUNCIÓN"...pequeno e humilde homenaxe a Chano Piñeiro.
O meu amigo marchou
lonxe un día de Inverno
coas mans cheas de soños
e o corpo cheo de medo.
Tristeiro saíu da casa
levando a terra consigo.
A nai que tanto chorou,
foise apagando ós pouquiños,
namentras aquel rapaz
choraba suor encollido,
co lombo caíndolle ós cachos
e a ialma ós "cachiños".
Pasaron moitas noites de Inverno,
moitos vrans e moitos millos
pero aquel que marchou coa choiva
non voltaría de vivo.
"Ma" Asunción que choraba
por darlle un bico ó seu fillo
foi perdendo a calor da vida
e secándolle o sentido.
Hoxe aínda a Terra chora
por todos aqueles "seus" fillos
como tamén eles choraron
levando a Terra consigo...
Anonimacrónico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
simplemente xenial i emotiva
Uf! E si...
Unha das caras amargas da emigración,as nais que sofren a ausencia máis dura !
Fermosísimo poema, si señor. Con respecto á película, non é mala ocasión para mirala de novo, tal vez con outros ollos, despóis desta entrada.
Felicidades polo seu blog, Sr. Anonimacrónico!
Que triste... parabéns polo poema anónimacrónico, es un artista da palabra!!
Publicar un comentario